+034 986 09 02 04 Luns 16 de Decembro de 2019

A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA SÚMASE Á CAMPAÑA DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


 

Un ano máis, a Delegación da Xunta en Pontevedra súmase á campaña institucional para o Día internacional para a eliminación da violencia de xénero, que se celebra o próximo 25 de novembro. A fachada da sede institucional na cidade do Lérez loce o lema da presente edición, unha mensaxe clara e directa que reza “Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta. Sen ningún xénero de dúbida. NON”.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado da secretaria territorial, Ana Ortiz, así como do xefe territorial de Presidencia, Ramón Pereiro, recordou que a administración dille así NON a todas a formas de violencia de xénero que están recollidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e que se recollen no seu artigo 3: Violencia física, Violencia psicolóxica, Violencia económica, Violencia sexual e abusos sexuais, Acoso sexual, e a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.

Deja un comentario