+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018

Xornada de portas abertas mañá xoves na Escola Infantil Galiña Azul de Tui


O prazo de solicitude de matrícula está aberto ata o 23 de marzo

Xoves, 5 de marzo, haberá unha xornada de portas aberta na Escola Infantil Galiña Azul de Tui dirixida ás familias interesadas en coñecer as instalación do centro e resolver dúbidas con respecto ao proceso de matrícula para o curso 2015/16. O próximo 12 de marzo volverá realizarse unha xornada similar para que as familias poidan visitar a escola.

Os país de nenos de 0 a 3 anos interesados en matricular aos seus fillos para o próximo curso escolar teñen ata o 23 de marzo para presentar a súa solicitude no modelo normalizado que poden recoller na propia escola ou descargar da web do Consorcio (www.igualdadebenestar.org e www.escolasinfantisdegalicia.es). No caso das nenas e nenos que nazan fóra de prazo poderán presentar igualmente a súa solicitude na escola no tempo antes da publicación das listaxes provisionais.

Deja un comentario