+034 986 09 02 04 Sábado 18 de Xaneiro de 2020

O CONCELLO SOLICITA UN ESTUDO FITOSANITARIO DAS ÁRBORES DA CARBALLEIRA DO PEIRAO DE ARCADE


A caida dalgunhas ramas obrigou a pechar o paso á zona verde por seguridade
Os últimos temporais han pasado factura á Carballeira do Peirao de Arcade provocando o desprendemento de varias ramas. Por iso, e tras pechar o acceso á zona por motivos de seguridade, o Concello de Soutomaior solicitou á estación fitosanitaria de Areeiro un estudo para coñecer o estado de saúde das árbores e poder abordar as posibles solucións.
Os técnicos da estación fitosanitaria visitaron esta semana a Carballeira do Peirao para realizar unha primeira inspección. Nela realizouse unha avaliación visual sobre o estado de saúde das árbores e tomáronse mostras para a súa análise no laboratorio da estación fitosanitaria.
Do mesmo xeito levará a cabo un diagnóstico do estado interno da madeira mediante unha tomografía sónica e un resistógrafo. Este estudo require que a madeira estea completamente seca para que sexa efectivo, polo que esta segunda fase atrasarase ata que deixe de chover durante varios días.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que “se trata dunha das zonas recreativas máis visitadas polos veciños. Por iso necesitamos saber se as árbores están sans e son seguros antes de reabrir a carballeira”.

Deja un comentario