+034 986 09 02 04 Martes 20 de Outubro de 2020

A Xunta e o concello da Estrada anuncian a licitación da piscina da AGASP para os vindeiros dez anos


O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o alcalde da Estrada, José López Campos, avanzaron esta mañá os detalles

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o alcalde da Estrada, José López Campos, avanzaron esta mañá en rolda de prensa a licitación do novo contrato de xestión e explotación da piscina da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para os vindeiros dez anos, coa posibilidade de prorrogalo cinco anos máis.

Será mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, podendo concorrer todas as empresas que conten coa solvencia económica e técnica/profesional que, para a licitación pública, se esixe na lexislación de contratos do sector público.

Na licitación propóñense unhas tarifas para a piscina e o ximnasio similares ás vixentes, aínda que se elevou lixeiramente a de “uso ocasional” coa finalidade de fomentar os abonos, que son a clave do mantemento e estabilidade do servizo. Como novidade inclúese o uso de pistas de paddel, nunhas instalacións que se construirán nas inmediacións do edificio.

Ademais dos criterios económicos, como a mellora das tarifas para os usuarios, na valoración das ofertas teranse en conta criterios de investimento. De feito, a empresa adxudicataria terá que facerse cargo do arranxo do tellado e humidades da piscina, a dotación de equipamento do ximnasio -máquinas cardiovasculares, de musculación e peso libre- e a construción de entre dúas e catro pistas de paddel cubertas nas inmediacións.

Do mesmo xeito, a futura empresa concesionaria tamén deberá realizar en melloras de carácter medio ambiental e/ou aforro enerxético vinculadas ás denominadas “enerxías alternativas” e cuxa finalidade sexa minimizar o custe que precisan as instalacións para o seu funcionamento.

Os investimentos e dúas das pistas de paddelteranse que executar no prazo máximo de seis meses dende a sinatura do contrato. Para as melloras de carácter medio ambiental e/ou de aforro enerxético e a construción das restantes pistas de paddel a empresa concesionaria terá un prazo de dous anos. Prevese que durante este mes se publique o anuncio de licitación.

Deja un comentario