+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O Alcalde Jorge Cubela mantén unha reunión cos usuarios do Pavillón de Tenorio para coordinar o inicio das obras de remodelación»


•Esta maña o Alcalde, Jorge Cubela, mantivo unha reunión cos usarios, clubes e asocaicions deportivas que actualmente utilizan o pavillón de Tenorio, xunto coa empresa adxudicataria das obras de reforma.

•O obxectivo desta reunión consistiu en expoñer os traballos que se van a desenvolver e a coordinación dos diferentes usuarios, instalación e recintos para poder seguir mantendo a actividade deportiva durante o tempo no que este pavillón se atope pechado por obras.
•Participaron técnicos da empresa adxudicataria, directivos das Escolas Deportivas, así como representantes dos clubes federados.

Este investimento é duns 60.000 € e as obras consisten en:

A intención e mellorar o espazo do pavillón para a practica deportiva e satisfacer as demandas dos usuarios dun dos pavillóns con mais actividades da Comarca, con 500 usuarios todas as semanas.

Consiste na ampliación dos vestiarios do pavillón, aseos públicos, e creación de banquillos na pista.

Presentaron ofertas as seguintes empresas:
-Conservia
-Construcciones Bespi
-GPD
-Xurcal Cotobade
-Construcciones Pe da Mua
-Oximora

A oferta económica máis vantaxosa foi presentada por unha empresa local, GPD, cunha baixa de licitación dun 11% e ofertando as seguintes mellores:

-Arranxo de filtracións existentes da cuberta do pavillón
-Canalización da baixante existente na zona de ampliación e posterior conexión á rede existente
-Ampliación do banquillo central

Para o Alcalde esta «foi unha lexislatura moi importante para a mellora das instalacións deportivas do Concello, cumplindo as peticións feitas polos veciños e os propios usuarios».
O Alcalde, J.Cubela, agradece publicamente á Deputación Provincial a financiación do Campo de Herba Sintética, así como estas obras que se executarán no Pavillón de Tenorio, que demostra que a inversión en educación e deportes é fundamental para Concellos do interior, e así gozar dos mesmos recursos que os Concellos medianos e das grandes vilas».

Deja un comentario