+034 986 09 02 04 Luns 24 de Febreiro de 2020

OS SISTEMAS AVANZADOS DE SEGURIDADE EN AUTOBUSES E O TRANSPORTE DE VIAXEIROS EN PORTUGAL E FRANCIA, ENTRE OS TEMAS ABORDADOS HOXE EN EXPOBUS IBERIA


TAMÉN NO MARCO DA FEIRA O DIRECTOR XERAL DE MOBILIDADE, IGNACIO MAESTRO, PRESENTOU O PLAN DE TRANSPORTE QUE A XUNTA DE GALICIA CULMINARÁ EN 2020

A Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, a cal se celebra ata mañá no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, acolleu esta mañá unha xornada técnica centrada no longo percorrido.

A súa apertura correu a cargo do director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Mestre, quen presentou o Plan de Transporte Público de Galicia que a Xunta culminará en 2020. (Nota de prensa remitida pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e enviada previamente)

A continuación, déronse a coñecer os novos sistemas avanzados de seguridade que xa se están introducindo ou se comezarán a aplicar proximamente en autobuses e autocares. O encargado de facelo foi Agustín Gómez, secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Carrocerías de Autobuses (ASCABUS).

Tras estes relatorios levou a cabo un coloquio sobre a situación do transporte de viaxeiros nos mercados portugués e francés e o que supón a liberalización das súas liñas de longo percorrido.

Joâo Carvalho, presidente da Autoridade da Mobilidade e dos Transportes de Portugal – AMT, foi quen expuxo a situación no seu país. O caso francés deuno a coñecer Gregory Carmona, director xeral de Moventis Pays de Montbéliard, empresa que ofrece o servizo de transporte público no condado de Pays de Montbéliard. O moderador deste debate, co que finalizou a xornada, foi Manuel Dapena, avogado de Dikei Abogados especializado en transporte.

Deja un comentario