+034 986 09 02 04 Xoves 09 de Abril de 2020

GRAN ÉXITO DE PUBLICO NO CONCERTO DE “SANTA CECILIA” PARA HONRRAR A PATRONA DOS MUSICOS


A Banda de Música de Arbo e a Banda Infantil de Arbo, ofreceron un ano máis o Concerto de Santa Cecilia no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo.
A cita musical organizada pola Banda de Música de Arbo coa colaboración do Concello de Arbo e a Fundación Segundo Gil Davila, asistiu o alcalde Horacio Gil e o Concelleiro de Cultura Raúl Rodríguez así como outros membros da corporación municipal.

O Concerto tivo un gran éxito pola interpretación de Clásicos de Disney como Aladín, o Rey Leon ou a Bella e a Bestia, pola Banda de Música Arbo e a Banda Infantil de Arbo, ante un auditorio abarrotado e que mostrou a súa emoción e a admiración polas citadas Bandas

A Banda de música celebraba ademaís o seu o 25 aniversario da súa creación e o seu concertó XXV de Santa Cecilia, con gran orgullo e emoción dando as gracias ao Concello de Arbo e a Fundación polo apoio recibido durante os 25 anos desta agrupación.

Deja un comentario