+034 986 09 02 04 Sábado 15 de Agosto de 2020

SOUTOMAIOR E PAZOS DE BORBÉN FORMAN A CASE 20 MULLERES EN AUTODEFENSA


O ciclo impartiuse no Multiusos de Arcade por membros das Forzas de Seguridade
18 veciñas de Soutomaior e Pazos de Borbén participaron hoxe no curso intensivo de técnicas de autodefensa para mulleres organizado conxuntamente por ambos os Concellos. A actividade contou coa visita das edís de igualdade de ambos os municipios, Cristina González e Eloisa Nogueira, para coñecer de primeira man as impresións das participantes para a organización de futuras edicións do curso.
O curso tiña como obxectivo ofrecer ás participantes unha serie de técnicas e estratexias defensivas de efectividade comprobada #ante posibles situacións violentas, tanto para a súa prevención como para a súa evasión en caso de producirse. Para iso, o ciclo foi impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita e membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que participan nesta iniciativa en todos os municipios adheridos á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero.
“Trátase dun ciclo moi positivo e que está a ter bos resultados noutros municipios”, explicou a edil de Soutomaior, Cristina Gonzalez. Pola súa banda, a súa homóloga pacense destacou a colaboración en políticas de igualdade entre ambos os consistorios, “que permite que Concellos pequenos podamos dispoñer dun servizo de atención á muller e organizar actividades tan útiles como este curso”, finalizou Nogueira.

Deja un comentario