+034 986 09 02 04 Sábado 15 de Agosto de 2020

SOUTOMAIOR FINALIZA OS SEUS ACTOS CONMEMORATIVOS DO 25 N CUN CONTACONTOS INFANTIL EN ROMARIZ


Durante o último mes o Concello impulsou varias iniciativas dirixidas a todos os sectores da poboación
O Concello de Soutomaior finalizou esta mañá o seu programa de actos celebrados con motivo do 25 N, o Día Internacional Contra a Violencia cara ás Mujeres, cunha sesión de contacontos infantil na escola de Romariz. A actividade contou coa participación do alcalde, Agustín Reguera, e a edil de igualdade, Cristina González, e varios dos pais que asistiron como público.
O contacontos desta mañá, titulado “A Curva: A componedora de contos”, correu a cargo da actriz Cristina Collazo e pretende abordar conceptos sinxelos de igualdade explicados de maneira sinxela para os máis pequenos. “É unha actividade coa que pretendemos traballar a igualdade desde os primeiros xogos e as primeiras relacións”, explicou González.
Durante o último mes, segundo indicou a edil de igualdade, desde o Concello puxéronse en marcha diversas iniciativas enfocadas a todos os sectores da poboación. “levaron a cabo actividades cos máis novos en todos os centros educativos a través do noso programa de educación afectivo sexual, temos varias exposicións para o público xeral no Multiusos de Arcade e esta fin de semana tivemos un curso de técnicas de autodefensa para mulleres”, apuntou González explicando que “traballamos o conxunto da sociedade ao completo porque a violencia machista é un problema global, no que debemos implicarnos todos”.

Deja un comentario