+034 986 09 02 04 Xoves 09 de Abril de 2020

MORAÑA ACOLLE UN CURSO FORMATIVO PARA COIDADORES DE PERSOAS CON DEMENCIA


A actividade, que ten aberta a inscrición de xeito gratuíto, celebrarase a vindeira semana en dúas quendas de tarde na Casa da Cultura

O Concello de Moraña vai acoller un curso formativo para coidadores de persoas que
padezan demencia co obxectivo de mellorar e reforzar os coñecementos técnicos
destes asistentes. Esta actividade vaise desenvolver a vindeira semana, o luns 2 e o
martes 3, en quenda de tarde entre as 16.00 e as 20.00 horas na Casa da Cultura.
As persoas que estean interesadas en tomar parte da mesma xa poden recabar
información ou formalizar a súa inscrición, de xeito gratuíto, no consistorio de
Moraña ou ben chamando ao número de teléfono 986 55 30 05.
Este curso está organizado pola Federación Alzhéimer Galicia (Fagal), a Asociación de
Familiares de enfermos de Alzhéimer y otras demencias de Pontevedra (Afapo) e a
Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello. Ao remate do curso, os
asistentes recibirán o correspondente diploma acreditativo.

Deja un comentario