+034 986 09 02 04 Sábado 18 de Xaneiro de 2020

SOUTOMAIOR ACENDERÁ O NADAL CUNHA GRAN FESTA INFANTIL


Os nenos e nenas asistentes poderán participar nun sorteo para pulsar o interrumptor de aceso da iluminación do Nadal
Soutomaior xa está preparado para recibir o nadal. O Concello ten preparada unha gran festa infantil para celebrar o inicio dos festexos que culminará co aceso da iluminación #do Nadal a mans dos nenos e nenas do municipio. A festa terá lugar na alameda Tallo Río o próximo día 29 de novembro a partir das 17:00 horas.
O centro da iluminación do Nadal situarase un ano máis na alameda de Tallo Río, onde se instalará unha bóla luminosa xigante con acceso ao interior e recuberta de lámpadas led. Unha estrutura de máis de 5 metros de alto que promete ser protagonista en moitas das fotos de nadal dos veciños. Ademais, instaláronse arcos e elementos en case todas as vías do centro urbano, e en prazas como as da Ostra, a Feira ou en Cimadevila.
Na parroquia de Soutomaior instaláronse adornos en varias avenidas e monumentos ademais de en case todos os principais viais. En total instaláronse máis de 40 arcos en todo o municipio e varias decenas de de árbores luminosas e diferentes motivos adornando o mobiliario público.
Previo ao aceso da árbore municipal, terá lugar a festa infantil con animación musical, agasallo de gorros de papa Noel, xogos, panxoliñas, un percorrido con animais feitos de globos xigantes e moitas sorpresas máis para toda a familia. A máis destacada será o sorteo entre todos os nenos para atopar aos afortunados que acenderán a iluminación #do Nadal, ao redor das 19:00 horas.
A iluminación deste ano, segundo indican desde o Concello, contará este ano cun número similar de elementos decorativos instalados en anos anteriores. “Non pretendemos entrar en ningunha escalada nin competición absurda na iluminación de nadal”, explicou o alcalde, Agustín Reguera, que apunto que “Instalamos iluminación de nadal porque é positivo para todos, para o comercio local e as familias, pero sen excesos. Soutomaior xa ten a súa celebración exclusiva de nadal, o noso nacemento a tamaño real, tallado en madeira por un artista local, e que este ano crecerá con novas incorporacións”.
A iluminación permanecerá acendida ata o próximo 5 de xaneiro desde as 18:00 ata as 00:00 horas, salvo os días de Noiteboa, Nadal e Fin de ano que o fará ata as 03:00 da madrugada.

Deja un comentario