+034 986 09 02 04 Domingo 09 de Agosto de 2020

O CONCELLO DE BUEU CONTINÚA COA PROGRAMACIÓN POLO DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


 Coa colaboración do Cineclub, o Concello organiza a proxección do filme ‘Figuras ocultas’ que se poderá ver o venres ás 21.00 h no Centro Social do Mar con entrada de balde
O Concello de Bueu continua coa programación polo Día Internacional da Non Violencia Contra as Mulleres. Así, este venres, 29 de novembro, ás 21.00 h, o Cineclub Bueu proxectará a película ‘Figuras ocultas’, que narra a historia nunca contada de tres mulleres científicas afroamericanas que traballaron na NASA a comezos dos anos sesenta nun ambicioso proxecto consistente en poñer en órbita ao astronauta John Glenn.
O sábado, a escritora e mestra Carme Adán desenvolverá unha palestra titulada “Reflexións sobre a liberdade de xénero”, na que se fará alusión ao seu recente libro publicado na Editorial Galaxia, Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión. O encontro terá lugar ás 12.30 h na Sala Amalia Domínguez Búa, e a conversa será guiada por Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade.
Así mesmo, o alumnado do IES Illa de Ons ten aberta unha exposición relacionada co 25N e as violencias machistas, que se poderá ver na Sala Amalia Domínguez Búa ata o 2 de decembro. O horario de apertura será de luns a venres, entre as 16.30 e as 20.30 horas, e as fins de semana, entre as 11.30 e 13.30 h e das 16.30 ás 20.30 h.

Deja un comentario