+034 986 09 02 04 Luns 01 de Xuño de 2020

A Fundación abríu hoxe a inscrición nas actividades deportivas para adultos para o terceiro trimestre do curso


Tanto as persoas que posúan o carné como as que non, deberán formalizar a solicitude

A Fundación Municipal de Deportes de Vilagarcía abre o luns, 9 de marzo, o prazo de inscrición para participar nas actividades deportivas para adultos durante o último trimestre do curso. Tanto os usuarios que dispoñan de carné como os que só pretendan asistir ás actividades de abril a xuño, deberán tramitar a solicitude.

Os formularios de inscrición poden obterse a partir do luns nas dependencias da Fundación de Deportes (no pabellón multiusos de Fexdega) ou imprimir dende o taboleiro de anuncio da web municipal www.vilagarcia.es

A Fundación oferta un total de 8 actividades deportivas para adultos. Son ximnasia de mantemento, ximnasia acuática, bádminton, aeróbic, tai-chi, pilates, ximnasia funcional e ioga. As sesións impártense en horario de mañá e tarde en diversas instalacións deportivas municipais do Concello.

Poden participar nestas actividades os maiores de 16 anos e o custe do trimestre é de 18 euros por asistir a dúas sesións á semana de unha ou máis actividades. Existe unha bonificación do 50% para os usuarios con ingresos inferiores ao importe do IPREM.

As inscricións deben realizarse dentro do prazo comprendido entre o 9 e 0 23 de marzo, nas dependencias de Fexdega e segundo o procedemento que se explica no mesmo formulario.

Deja un comentario