+034 986 09 02 04 Xoves 13 de Agosto de 2020

SOUTOMAIOR SOLICITA Á XUNTA A TITULARIDADE DE LA ANTIGUA ESCOLA INFANTIL DE OLIVEIRA PARA USOS CULTURAIS E DE FORMACIÓN


O centro desocupouse o ano pasado tras a entrada en servizo do novo instituto público
O pleno municipal de Soutomaior aprobou esta mañá solicitar á Xunta de Galicia a conversión a titularidade municipal do edificio completo da antiga escola infantil de Oliveira e das casas para profesores adxacentes. O moción, aprobada por unanimidade, ten como obxectivo ampliar os espazos de uso público para dar resposta ás demandas da veciñanza e de diversas asociacións.
Tras a entrada en servizo do IES Soutomaior a inicios do curso pasado e o traslado dos alumnos de infantil ao CEIP Padin Truiteiro, a antiga escola de Oliveira quedou desocupada sen ningún proxecto para o seu aproveitamento. Por iso, e #ante a falta de iniciativas, o Concello de Soutomaior decidiu solicitar agora a conversión a titularidade municipal do inmoble completo para destinalo a usos culturais, sociais e de formación.
Segundo indicou o alcalde, Agustín Reguera, “é un edificio que se usou durante 50 anos e que aínda pode ser valioso para o futuro do noso municipio. A nosa intención é recuperalo e aproveitalo para que poida acoller todo tipo de actividades e iniciativas sociais e culturais”.
Ademais da antiga escola, a moción aprobada hoxe contempla a solicitude de desafección de tres das casas que tradicionalmente se destinaban á vivenda dos mestres. A escola de Oliveira contaba cun total de 6 vivendas, das que tres xa foron desafectadas en 2014, polo que, en caso de aprobarse a petición, conseguiríase recuperar todas as casas, evitando a súa deterioración e aproveitándoas para usos municipais.
A solicitude será remitida á Consellería de Educación nos próximos días para a súa avaliación e resolución, que desde o Concello esperan que sexa positiva como xa o foi no seu momento para a desafección das tres primeiras casas dos mestres, dous delas destinadas actualmente á Escola de música da banda de música Artística de Arcade.

Deja un comentario