+034 986 09 02 04 Luns 16 de Decembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DESTINA MEDIO MILLÓN DE EUROS EN AXUDAS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS NA PROVINCIA


Preto de 250 entidades, clubs e asociacións de 46 concellos benefícianse das axudas aprobadas por réxime de concorrencia competitiva

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un investimento de medio millón de euros para a concesión por concorrencia competitiva das subvencións dirixidas ás asociacións e clubs deportivos da provincia destinadas ás actividades deportivas deste ano 2019.

As axudas benefician a 242 entidades, 53 máis que o ano pasado, de 46 concellos da provincia. Concretamente foron subvencionados con este programa da Deputación de Pontevedra entidades deportivas de Baiona (4), Barro (1), Bueu (2), Caldas de Reis (1), Cambados (4), Campo Lameiro (1), Cangas (9), A Cañiza (1), Catoira (2), A Coruña (1), Cuntis (1), A Estrada (4), Fornelo de Montes (1), Gondomar (5), O Grove (9), A Guarda (6), A Illa de Arousa (3), Lalín (4), Marín (10), Meaño (1), Meis (1), Moaña (7), Moraña (1), Mos (3), As Neves (3), Nigrán (8), Oia (4), Ourense (1), Poio (3), Ponteareas (11), Pontecesures (1), Pontevedra (24), O Porriño (3), Portas (1), Redondela (8), Ribadumia (3), O Rosal (2), Salceda de Caselas (4), Salvaterra do Miño (3), Sanxenxo (7), Silleda (1), Tomiño (2), Tui (9), Valga (1), Vigo (47), Vila de Cruces (2), Vilagarcía de Arousa (10) e Vilanova de Arousa (2). No caso da Coruña e Ourense, trátase de dúas subvencións concedidas directamente a dúas federacións con sede social nesta vila pero que contan con sedes na provincia de Pontevedra.

Para a concesión das subvencións tivéronse en conta os seguintes criterios: número de deportistas ou equipos participantes, ámbito territorial, número de xornadas, antigüidade e consolidación do evento, orzamento de gastos e ingresos do evento, achega económica da propia entidade ao financiamento do evento, interese turístico da actividade e promoción do deporte base, feminino e de persoas con diversidade funcional.

Deja un comentario