+034 986 09 02 04 Luns 16 de Decembro de 2019

VÍAS E OBRAS MELLORA CASE UN KM DE VIA EN MONTES DE ABAIXO, NOGUEIRA


A obra, realizada por unha empresa comarcal, tivo un custe total de máis de 40.000€
A concellería de Vías e Obras que dirixe Chus Garrote informa que nestes días se procedeu á pavimentación do vial que discorre entre Montes de Abaixo, en Nogueira, e a estrada provincial EP-4005, unha obra que se enmarca dentro do planeamento de mellora da rede de estradas e pistas municipais. Este planeamento contempla ademais das reparacións das estradas xa pavimentadas, a pavimentación completa das pistas de terra sempre que sexa preciso para mellorar o servizo ás e aos cidadáns.
Estas obras, realizadas por unha empresa comarcal, tiveron un custe total de 43.692,08€ (ive incluído) permitiron a mellora da capa de rodadura en 825 metros, distribuídos nun tramo principal de 641 metros e un ramal de 184 metros de lonxitude.
Financiadas con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, as obras contemplaron a limpeza previa das marxes e a apertura de cunetas ao longo de todo o tramo, tanto do principal como do ramal.
“Damos cumprimento así a unha demanda da veciñanza da zona ao estar a via moi deteriorada e podemos adiantar que nos vindeiros meses procederemos á mellora e pavimentación doutros viais en distintos puntos do concello”, explica Chus Garrote.

Deja un comentario