+034 986 09 02 04 Luns 16 de Decembro de 2019

O CONCELLO DE ARBO, ORGANIZA CAMPAMENTO DE NADAL PARA NENOS DE 3 A 12 ANOS


O nenos e nenas de 3 a 12 anos poderan participar 23, 24, 26m 27 30 e 31 de decembro do 2019 e 2, 3 e 7 de xaneiro do2020 no campamento de Nadal que un ano máis organiza o Concello de Arbo, dentro das actividades do Nadal Cultural 2019 -2020.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de decembro de 2019. Neste campamento os nenos e nenas poderán facer traballos en grupo, adquirir hábitos de vida saudables, compartir experiencias recreativas e aumentar os lazos de amizade e serán os encargados de acompañar aos reis magos na Cabalgata de Reis organizada polo Concello de Arbo para o día 5 de xaneiro.
As inscricións realizaranse por orde de inscrición nas oficinas xerais da casa do Concello en horario de 8 a 15horas. Para máis información no teléfono 986 66 50 00 ou na páxina web www.concellodearbo.es

Deja un comentario