+034 986 09 02 04 Luns 01 de Xuño de 2020

Xuventude abríu o prazo para cubrir as 40 prazas do campamento urbano de inglés en Semana Santa


A actividade é gratuíta e está destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos

A Concellería de Xuventude abre o luns, 9 de marzo, o prazo para inscribirse no Campamento Urbano en Inglés a celebrar en Semana Santa. A actividade lúdico-educativa está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 7 anos de idade e disponse de 40 prazas. A participación é gratuíta e as prazas cubriranse por orde de inscrición. O prazo para facer o trámite remata o 21 de marzo.

O departamento que dirixe Sandra García organiza unha nova actividade para cubrir o tempo de vacacións do público infantil dun xeito divertido e educativo que ademais permita a conciliación das familias. Este é o enfoque que Xuventude lle da a todas as ludotecas que organiza, aínda que de cara á Semana Santa optou por engadir a variante da lingua estranxeira, dada a importancia que ten na sociedade actual o manexo doutras linguas e que este resulta moito máis doado cando a aprendizaxe comeza a idades temperás.

A través dos xogos e actividades creativas, os pequenos poderán familiarizarse coa lingua de Shakespeare da man dos monitores especializados da academia infantil Kid&Us. Durante as tres mañáns nas que se desenvolverá o campamento, os participantes realizarán xogos, cantarán, asistirán á hora do conto, farán manualidades e actividades creativas de diverso tipo, á vez que aprenden vocabulario, expresións e estruturas gramaticais básicas en inglés.

O Campamento Urbano de Inglés de Semana Santa celebrarase os días 30 e 31 de marzo e 1 abril en horario de mañá (de 9 a 14 horas) no Auditorio. As bases pódense consultar no taboleiros de anuncios da web municipal e o formulario de inscrición tamén se poderá imprimir dende aí.

Deja un comentario