+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

VENRES POLO PLANETA TRASLÁDASE, NESTA OCASIÓN, AO XOVES DÍA 5 PARA ACTUAR NO MONTE DE PRADO


A concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó informa dunha nova actividade do Venres polo planeta que, con motivo da festividade do día da Constitución, múdase ao xoves día 5.
Nesta ocasión todas e todos os que o desexen poderán continuar a limpeza do monte de Prado de 16 a 18 horas. O punto de encontro será a igrexa de San Nicolao de Prado e todas e todos os interesados tan só deberán confirmar a súa asistencia no número de teléfono 687 764 516 ou no enderezo electrónico voluntariado@ponteareas.gal
Co obxectivo de concienciar e seguindo as liñas marcadas na estratexia de crecemento “Ponteareas, Hábitat Saudable” a iniciativa Venres polo planeta busca cambiar o futuro indo máis aló das palabras e deseñando actuacións participativas.

Deja un comentario