+034 986 09 02 04 Luns 16 de Decembro de 2019

A XUNTA E CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO COLABORAN EN ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA TÉRMICA E MELLORA DE EQUIPAMENTOS NA CASA DA CULTURA


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo alcaldesa do concello, Marta Valcárcel, visitou esta mañá a Casa da Cultura que contou cunhas axudas de preto de 58.000 euros
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo alcaldesa do concello, Marta Valcárcel, visitou esta mañá actuacións levadas no concello de Salvaterra de Miño levadas a cabo ao abeiro da axudas da Vicepresidencia. Concretamente actuacións de mellora enerxética e mellora de equipamentos na Casa da Cultura por importe de preto de 58.000 euros.

Segundo explicou Marta Fernández-Tapias, grazas a estas axudas mellóranse as condicións de illamento térmico e acústico, acadase unha maior eficiencia enerxética e polo tanto aforro no consumo. Ademais, coa intención de mellorala accesibilidade foi adquirido un salvaescaleiras para que tódalas persoas con dificultades de mobilidade podan acceder a tódalas plantas do edificio sen problema, para conseguir asi acceso por exemplo á Biblioteca que se atopa no segundo andar.

Durante a súa visita, a directora xeral, destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e que non se poderían levar a cabo en moitas ocasións se non fose pola colaboración entre Xunta e concellos.

Deja un comentario