+034 986 09 02 04 Luns 30 de Novembro de 2020

A XUNTA EXECUTA ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA NOS TREITOS INTERURBANOS DO RÍO DORRÓN AO SEU PASO POLO CONCELLO DE SANXENXO


A actuación de Augas de Galicia levase a cabo nun treito de máis de 3,5 quilómetros de lonxitude, e que coincide co percorrido deste río polos lugares de Barreiro, O Outeiro, Areas
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de executar as actuacións de limpeza e conservación no treitos interurbanos do río Dorrón, no municipio de Sanxenxo.

Os traballos de Augas de Galicia coinciden cos tramos deste ríos no seu percorrido polos lugares de Barreiro, O Outeiro, Areas, na parroquia de Dorrón. A intervención neste río lévase a cabo nun treito de máis de 3,5 quilómetros.

As tarefas que se realizan céntranse na retirada de árbores mortas e madeira acumulada, así como elementos susceptibles de causar atoamentos, e tamén rozas selectivas puntuais. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección.

Mediante este tipo de traballos, o organismo hidráulico da Xunta ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Deja un comentario