+034 986 09 02 04 Domingo 27 de Setembro de 2020

A FUTBOLISTA INTERNACIONAL VERO BOQUETE, ÚLTIMA PROTAGONISTA DAS CONVERSAS DA AS-PG


O faladoiro, coa situación das mulleres no deporte de competición como tema central, completarase coa profesora Cristina López Villar

Será mañá 11 de decembro ás 20h no Edificio Administrativo da Deputación

Vero Boquete, unha das futbolistas profesionais máis importantes do país, e a profesora Cristina López Villar serán as últimas dúas protagonistas do ciclo de conversas organizadas pola AS-PG coa colaboración da Deputación. O tema enriba da mesa será ‘As mulleres no mundo do deporte de competición’.

Vero Boquete, actualmente nas filas dos Utah Royals FC (Salt Lake City, USA), xogou profesionalmente en España, Estados Unidos, Rusia, Suecia, Alemania, Francia, China, para clubes tan importantes como Paris Saint-Germain e FC Bayern Munich.
Gañadora da UEFA Women’s Champions League. Campeona de Europa da UEFA U19; MVP da Liga de Fútbol Profesional Femenino de Estados Unidos; dos veces votada por la UEFA entre as 10 mellores xogadoras de Europa; nominada para FIFA Ballon d´Or entre as 10 mejores jugadores del mundo; a única que sigue xogando activamente na FIFA Legend of the Women’s, é tamén columnista habitual en varias publicacións.

Xoga como mediapunta ou segunda punta e actuou como capitá na selección española de fútbol feminina. Desde febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino e dende 2017 forma parte da comunidade de futbolistas CommonGoal, iniciativa liderada por Juan Mata que loita a favor da reintegración social da infancia a través os fondos recadados co 1% do salario dos e as futbolistas da comunidade.

Pola súa banda, Cristina López Villar, é doutora en Ciencias da actividade física e o deporte. Na actualidade é profesora da facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física na Coruña e forma parte dun grupo de investigación con diferentes liñas en torno ao deporte e o feminismo. Entre os seus traballos destaca a publicación do libro: Pioneiras do deporte en Galicia.

A Asociación Socio Pedagóxico Galega e a Deputación de Pontevedra pechan con este faladoiro un ciclo de conversas nos que se abordou a actualidade dende unha perspectiva galega. Baixo o título ‘Fálase de…’ os coloquios centráronse en temas como o cambio climático, a guerra comercial entre China e Estados Unidos, a emigración na Galiza actual e o xornalismo.

A intención era crear un espazo divulgativo e formativo tanto sobre a actualidade galega como de temas que afectan ao país de calquera xeito, un punto de reunión e encontro de todas aquelas persoas interesadas en temas que afectan directamente á realidade e á sociedade.

Deja un comentario