+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Xaneiro de 2020

A SAN SILVESTRE SOLIDARIA VOLVE UNIR ASALVATERRA DE MIÑO E MONÇAO.


Co lema “ Veña facer exercicio físico axudando o próximo”, o vindeiro día 28 de decembro ás 20:00 horas terá lugar a saída da San Silvestre Solidaria que, un ano máis, unirá Salvaterra de Miño e Monçao.

Nesta edición os participantes de máis idade, tanto na categoría masculina como femenina, recibirán un premio. O mesmo acontecerá co grupo máis numeroso que participe.

A San Silvestre Solidaria promovida pola Eurocidade Monçao- Salvaterra, terá un percorrido de 5 km polas rúas e prazas das dúas localidades fronteirizas ligadas hai máis de dúas décadas por una ponte internacional sobre o Río Miño.

Os responsables de Deportes do Concello de Salvaterra, Edgar Martínez Philippon, e da Cámara de Monçao Joao Oliveira, presentaron o cartel na Sede da Eurocidade no Parque da Lodeira sinalando “o crecemento dunha proba que xunta exercicio físico con axuda ás familias máis vulnerables”.

Os interesados e interesadas en participar nesta proba só terán que depositar un alimento non perecedoiro que, nunha fase posterior, será distribuído entre as familias con dificultades económicas de ambos municipios.

MINI SAN SILVESTRE PARA NENOS ATA OS 12 ANOS.

Para que os máis cativos e cativas non queden excluídos desta iniciativa solidaria, arredor das 19:30 terá lugar una “ Mini San Silvestre” para menos e nenas ta os 12 anos na Praza do Concello de Salvaterra. A proba ten como obxectivo involucrar ós máis cativos nesta iniciativa deportiva e solidaria.

As inscricións para os interesados poden facerse no seguinte enlace ou 30 minutos antes do inicio da proba.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScmckTpio0m4rjyEkt318FgtKYJ_Dk1acy26dB8guKK9EBzQQ/viewform

Deja un comentario