+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

A Deputación concede ao concello de Redondela 327.000€ para mellorar a estrada da praia de Cesantes e urbanizar o camiño de Costoia


A Deputación de Pontevedra aprobou na súa xunta de goberno do pasado venres a concesión de dúas subvencións ao Concello de Redondela por un valor total de 327.337 euros para urbanizar o camiño de Costoia e pavimentar a estrada da praia de Cesantes.
Este segundo traballo recibirá unha axuda 149.337 € pois, nos derradeiros anos, a devandita estrada da praia de Cesantes, no seu transcorrer ao carón da vía do tren, sufriu un importante deterioro debido ao uso habitual da estrada e tamén por actuacións de mellora da infraestruturas viarias próximas, como a construcción de muros de contención dos noiros da vía ou a instalación de redes de drenaxe.
140 metros de contención dos noiros da vía do tren
A construcción dos muros de contención ocasionaron un ancheo da calzada que non foi pavimentado no seu momento e que, coas choivas, ocasiona problemas aos veciños da zona.
O proxecto da obra da estrada de Cesantes prevé, entre outros traballos, a contención dos noiros da vía do tren nun tramo de 140 metros para evitar a caída do balastro na estrada e a colocación dunha barreira de seguridade tipo con faldón para motoristas na subida a un paso superior da vía que se atopa ao final do tramo de actuación.
Na mesma sesión do pasado venres, o goberno da Deputación de Pontevedra acordou conceder 178.000 euros ao Concello para levar a cabo os traballos de urbanización do denominado Camiño de Costoia, en Redondela. Os traballos suporán a dotación de redes de saneamentos, abastecementos e similares.

Deja un comentario