+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Agosto de 2020

O CONSERVATORIO DA GUARDA PRESUME DE CORO


Este xoves día 12 de decembro a Casa dos Alonsos da Guarda foi o escenario para a celebración do Concerto de Nadal do Coro do do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, que ven de cumprir o seu primeiro ano de actividade.

Este Concerto, que se realizou dentro da Programación de Nadal 2019/20, congregou a máis dun cento de persoas, que gozaron do bo facer deste xove grupo coral, que acompañados pola guitarra de Ubaldo Zabala, interpretaron varios temas típicos do Nadal como Carabulla o Singing all toghether, que remataron coas ovacións e aplausos do numeroso público asistente, baixo a dirección de Bruno Díaz

Este foi o primeiro concerto deste Nadal programado dende o Conservatorio de Música Elemental da Guarda, o segundo terá lugar o vindeiro xoves día 19 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural da Guarda, con entrada de balde.

A Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, valorou esta actuación como «espléndida», dando os parabéns a este xove grupo e convidando á cidadanía a asistir aos seus concertos, a implicar á xuventude na cultura musical e a formarse musicalmente no Conservatorio de Música da Guarda.

O Conservatorio de Música Elemental da Guarda atópase na Rúa Vigo, na traseira do Pavillón Municipal da Guarda, na actualidade imparte formación musical de frauta travesera, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, guitarra eléctrica y clásica, piano, violín, viola, gaita e percusión. Todos os interesados poden ampliar información sobre o Conservatorio de Música Elemental da Guarda no número de teléfono 986 613 002 en horario de 15:00h a 21:00h.

O Conservatorio organiza todos os anos concertos didácticos, que teñen un fin educativo e serven para mostrar os instrumentos que se imparten no conservatorio e potenciar as ensinanzas musicais entre a xuventude da vila.

Tamén se realizan xornadas de portas abertas ás que poden asistir todos aqueles que estean interesados en probar ou coñecer os diferentes instrumentos que se imparten no conservatorio da Guarda.

Deja un comentario