+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Xaneiro de 2020

A XUNTA DE VOCEIROS ACORDA CELEBRAR DOUS PLENOS ANTES DE QUE REMATE O ANO


A corporación local de Porriño celebrará dous plenos antes que remate o ano, un deles de carácter extraordinario, ademáis da sesión ordinaria mensual. O pleno extra terá lugar o mércores 18 (excepcionalmente en horario de tarde) e a sesión ordinaria pasará ó xoves 26, debido a festividade de Nadal.
A Xunta de Voceiros celebrada onte á tarde, presidida pola alcaldesa Eva García contou coa participación de Abel Estévez (PP); Pedro Ocampo (EU SON) e Pedro Pereira (BNG). Disculpou a súa ausencia, Manuel Carrera.
A rexidora propuso a celebración de ese pleno extra para desestimar as alegacións ó expediente de xeneración de crédito 4/2019 para el pago de servicios a la empresa EULEN.
Pola súa banda, o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira prantexou que se celebren as comisións informativas municipais o mesmo mércores 18, en horario de tarde, con anterioridade ó pleno extraordinario. Acordase celebrar as comisións a partires das 17 horas, para dictaminar asuntos de urbanismo e a adxudicación definitiva do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), entre outros temas. De tal xeito que o pleno extraordinario celebraráse a partires das 19 horas.
Por outro lado, o pleno ordinario de decembro que pasa ó xoves 26, terá lugar no seu horario habitual as seis da tarde.
Al alcaldesa toma a palabra para propoñer que se celebre un pleno extraordinario o día mércores 18 en horario de tarde para desestimar as alegacións o expediente de xeración de crédito 4/2019 para o pago de servizos a empresa EULEN.
O representante do BNG, Pedro Pereira, propón a celebracións das comisións informativas o mesmo día con anterioridade horaria do pleno para dictaminar asuntos da Comisión de Urbanismo, a adxudicación definitiva de Servizo de Axuda no Fogar e algún expediente pendente para a celebración do pleno ordinario do mes de decembro.
Acórdase celebrar comisións informativas o día mércores 18 de decembre a partir das 17:00 horas e pleno extraordinario a partir das 19:00 horas; asómesmo acórdase celebrar pleno ordinario o día xoves 26 de decembro as 18:00 horas.
Na orde do día dese pleno ordinario de decembro NON LEVARÁSE AINDA para a súa aprobación, o Plan de Mobilidade Sostible do Concello de O Porriño cuias conclusións xa tén no seu poder o goberno municipal.
Segundo explicou Pedro Pereira a intención do goberno é “invitar ós grupos políticos a súa revisión para posibles aportacións”.
Pedro Ocampo, de EU Son solicitou a posibilidade de subir o documento a unha plataforma e Pedro Pereira indicoulle que dispón de documento impreso e tamñen en formato dixital.
Pereira engadiu que o goberno quere levar o Plan de Mobilidade a pleno no mes de xaeiro de 2020 “co maior consenso posible”.
ACORDADA E DEFINIDA A COMPOSICIÓN DA COMISIÓN PARA O LINDANO
A Xunta de Voceiros Municipais do Concello de O Porriño, dando cumprimento a un acordo unánime acadado na última sesión plenaria, determinou a composición que terá a Comisión de Seguimento da Descontaminación do Lindano.
A solicitude acordada en pleno fora do grupo EU SON cuio voceiro prantexou que houbera representantes das Consellerías da Xunta de Galicia implicadas (Sanidade e Medio Ambiente) así como dos sindicatos.
Pedro Pereira propuxo a incorporación de membros das asociacións veciñais activas na zona.
Finalmente acordouse a creación da Comisión co seguinte composición:
– 1 Titular e 1 suplente do Grupo Socialista.
– 1 Titular e 1 suplente do Grupo Popular.
– 1 Titular e 1 suplente do Grupo do Bloque Nacionalista Galego.
– 1 Titular e 1 suplente do Grupo de Eu Son do Porriño.
– 1 Titular do Grupo Mixto.
– 1 Titular e un 1 suplente da Plataforma de Afectados do Lindano.
– 1 representante da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
– 1 representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
– 1 representante do sindicado CIGA
– 1 representante do sindicato UGT
– 1 representante do sindicato CCOO
– Un representante das tres asociacións veciñais de Torneiros (Relva, Alba e San Salvador)
– Un técnico nomeado polo Concello.

Deja un comentario