+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

CERDEDO-COTOBADE CONSOLIDA O SEU TORNEO CP DE FÚTBOL BASE NO NADAL E REUNIRÁ A 360 XOGADORES DE CANTEIRA


Disputarase con 12 equipos nas categorías benxamín e alevín no canto dos oito da pasada edición e tamén aumentarán as xornadas de xogo
O Concello de Cerdedo-Cotobade xa ten pechada a organización da
segunda edición do seu Torneo Cup de Fútbol Base para o Nadal, que vén de consolidarse tras o
éxito acadado na súa estrea en 2018 e que nesta ocasión contará con máis equipos participantes
e xornadas de xogo ante o elevado interese espertado. A competición, cuxo sorteo de grupos se
realizará a vindeira semana, celebrarase na derradeira fin de semana do ano, o sábado 28 e o
domingo 29 de decembro, no Campo Municipal de As Extremas.
Nesta ocasión, a organización optou por repetir as categorías benxamín e alevín, pero aumentou
a participación ata os 12 equipos en cada unha no canto dos oito do ano anterior e cubríu
sobradamente todas as prazas. Deste xeito, tamén aumenta a presenza de xogadores e serán 360
os que se dean cita nesta competición, adicándose o sábado ao torneo benxamín e o domingo ao
alevín, o que supón, así mesmo, unha ampliación desta cita que en 2018 se concentrou nunha
soa xornada.
Cómpre sinalar que o Torneo Cup de Fútbol Base de Cerdedo-Cotobade levantou unha gran
expectación entre clubes da Estrada, Lalín, Pontevedra, Santiago de Compostela e Ourense,
entre outros municipios, o que motivou que se cubriran rapidamente as prazas habilitadas e que
incluso algún equipo quedara fóra por estar todas completas. Ademais, está garantida a
presenza local xa que o Escolas Deportivas Cotobade competirá na categoría alevín.
O alcalde, Jorge Cubela, que agradeceu a colaboración da Federación Galega de Fútbol a este
evento organizado polo Concello, lembrou que “o ano pasado amosei o meu convencemento de
que este torneo ía consolidarse no calendario futbolístico galego e converterse nun clásico das
Festas de Nadal e o elevado interese dos clubes de toda a comunidade estannos a dar a razón” e
garantíu que vai ser un acto fixo na programación deportiva municipal, “xa que encaixa á
perfección na forte aposta

Deja un comentario