+034 986 09 02 04 Mércores 08 de Xullo de 2020

INFRAESTRUTURAS INSTALA UNHA NOVA MARQUESIÑA NA RÚA DOUTOR TOURÓN DE VILAGARCÍA DE AROUSA


O xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade comprobou o remate da colocación deste refuxio que se atopa enmarcado dentro do Plan de Mellora de paradas dos servizos públicos de transporte que está a impulsar a Xunta

O xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade en Pontevedra, José Luis Díez, comprobou esta mañá a instalación dunha nova marquesiña na rúa doctor Tourón de Vilagarcía de Arousa.

A nova infraestrutura permitirá que os veciños desta zona urbana dispoñan dun punto máis cómodo e seguro para a espera dos servizos de autobús, especialmente no caso dos alumnos que empregan o transporte escolar.

A instalación desta marquesiña está enmarcada dentro do Plan de Mellora de Refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte que está a impulsar a Xunta.

Trátase de dotar de instalacións axeitadas as paradas das liñas dos servizos de transporte interurbano de viaxeiros por estrada co obxectivo de ofrecerlle ao usuario unha protección fronte as inclemencias meteorolóxicas e mellorar a comodidade durante a espera.

A nova marquesiña, con selo galego, tanto no deseño como na madeira de piñeiro empregada, están integradas na paisaxe, con versións adaptadas aos ámbitos rural e urbano, creando unha imaxe recoñecible destes refuxios de Galicia.

Deja un comentario