
Ademais do ‘Obradoiro de plantas medicinais’, o programa inclúe un curso de Cestaría tradicional e dous talleres infantís de Decoración de galletas e cupcakes ou Manualidades con goma eva
O programa municipal ‘Verán na Lama 2015’ arrancou co primeiro dos seus cursos impartidos, o ‘Obradoiro de Prantas Medicinais’, no cal se completaron o total das prazas ofertadas.
Durante o desenvolvemento de curso -que se impartirá todos os mércores no mercado municipal de 10:30 a 13:00 horas- os asistentes coñecerán as técnicas de secado e conservación de plantas, a elaboración dos seus propios remedios naturais ou o estudo das propiedades de cada planta, ademais dos beneficios que estas teñen para o organismo. A maiores, nesta primeira clase, os alumnos tamén tiveron tempo de saír a recoller plantas para as súas elaboracións, acompañados da profesora que imparte o curso.
Mañá a quenda será para a primeira clase do taller infantil deManualides con Goma Eva, que tamén se levará a cabo no mercado municipal todos os xoves de 11.00 a 12.30 horas. Nestas clases, os nenos aprenderán distintas técnicas do tratado de goma eva coas que poderán realizar os seus propios deseños.
Xa de cara á semana que vén comezarán os cursos de Cestaría Tradicional -taller que se vén realizando dende inverno con grande éxito- e o ‘Obradoiro Infantil de Decoración de galletas e cupcakes’, unha das novidades do programa de verán, que conta xa cun razoable número de alumnos e alumnas inscritos. Con todo, aqueles que estean interesados, aínda poden anotarse en calquera dos cursos a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil -OMIX (Avda. do Concello, nº3) ou no teléfono 986 768 238 (extensión 4), onde se lles facilitará máis información se fose necesario.
Deja un comentario
Disculpa, debes iniciar sesión para escribir un comentario.