+034 986 09 02 04 Martes 22 de Setembro de 2020

O PARQUE DE ATRACCIÓNS SILLEDA PARK  ARRANCA MAÑÁ CON MÁIS DIVERSIÓN E ATRACTIVAS NOVIDADES


ESTARÁ ABERTO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA DURANTE DOCE XORNADAS REPARTIDAS EN TRES TRAMOS

O parque de atraccións Silleda Park abre mañá as súas portas no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, poñendo en marcha doce días de diversión que se repartirán en tres tramos.

Así, ademais de mañá, poderase gozar do parque os días 21, 22 e 23 de decembro, do 26 ao 30 do mesmo mes e tamén do 2 ao 4 de xaneiro. Será en horario de 16.30 h a 21.30 horas.

O Silleda Park reforzouse nesta quinta edición para conformar un parque aínda máis atractivo que en citas anteriores, aumentando as súas propostas e incorporando novidades.

En canto a atraccións, por primeira vez haberá un simulador, a xungla e dous saltamontes, contando ademais cun dragón, olla, pista de coches infantil, seis inchables, touriño infantil, mini scalextric, tren da bruxa e karting infantil. A elas sumaranse varias áreas lúdicas, como unha de xogos para os máis pequenos e, grazas á compañía R, unha gran zona gaming que reproduce varias áreas da party informática XGN R Encounter e que contará con numerosos ordenadores (a excepción do sábado 21 e domingo 22 de decembro), consolas de videoxogos, lentes de realidade virtual e pantallas xigantes.

Tamén haberá pistas deportivas que inclúen fútbol e baloncesto, ademais de minigolf, ping pong e billar. Contará cun xadrez xigante, unha mostra de figuras de ciencia ficción e, por primeira vez, unha exposición de dinosauros que mostrará 30 réplicas a tamaño real, moitas delas animatronics, que reproducen sons e movementos destes réptiles extintos. Sumaranse diversas actividades diarias, como talleres de maquillaxe e globoflexia.

A toda esta oferta engádese a comodidade de celebrarse nun pavillón con gran amplitude, climatización e servizo de restauración.

A entrada ten un prezo de 6€ por persoa e día (tanto para nenos como para adultos), sendo gratuíta para os nenos con menos de 3 anos. En canto a grupos de dez persoas ou máis, con reserva previa será de 4€ por persoa.

 

Fase final do torneo autonómico de League of Legends

A Xunta de Galicia organizará a fase final do primeiro torneo autonómico do videoxogo League of Legens (LOL) os días 21 e 22 de decembro no recinto, coincidindo con Silleda Park.

Competirán os 16 equipos que se clasificaron nas fases iniciais do campionato, as cales se disputaron nos Espazos Xoves da Xunta. O sábado pola tarde levaranse a cabo os oitavos de final. O domingo pola mañá serán os cuartos de final e as semifinais, mentres que pola tarde será a final.

Esta fase final do I torneo autonómico de League of Legends será aberta ao público, que poderá seguir a competición na pantalla do escenario principal. A conexión a internet e os equipos informáticos que se empregarán durante esta fase final serán subministrados pola compañía R.

Deja un comentario