+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

MORAÑA INAUGUURA O SÁBADO O SEU EDIFICIO MULTIUSOS CUN DOCUMENTAL SOBRE O VELLO MERCADO, CON DUAS EXPOSICIÓNS E CONCERTOS


Tamén haberá intervencións institucionais e viaxes nun bus clásicorestaurado da empresa Garrido para evocar as feiras do pasado século

O Concello de Moraña vai inaugurar este sábado, 21 de decembro, o seu novo Edificio
Multiusos, xurdido da rehabilitación do vello mercado, cun amplo programa de
actividades que arrancarán ás 19.30 horas e que está aberto a toda a cidadanía. Estes
actos contarán coa presenza da alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, e dos membros
da corporación e estarán respaldados polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
A inauguración, inmersa na programación municipal do Nadal 2019-2020, comezará
coa visita á exposición do cincuenta aniversario do Moraña Clube de Fútbol, que está
instalada no multiusos para dar remate a este ano histórico, e coa apertura do Belén
Xigante elaborado, por segundo ano consecutivo, pola Asociación de Mulleres Rurais O
Menhir e que levantou unha gran expectación na súa estrea o pasado Nadal na Casa
da Cultura.
Posteriormente, haberá a proxección dun documental audiovisual sobre a historia do
edificio do antigo mercado dende a súa construción na década dos cincuenta que foi
coordinado pola concelleira Norma Caldas. Finalmente, chegará a quenda das
intervencións institucionais, as actuacións musicais da man da Banda de Música Nova
Lira e da Asociación Cultural Seixebra e un chocolate con rosca para compartir entre
todos os asistentes.
Así mesmo, os veciños que queiran poderán chegar ata o multiusos nuns pequenos
traxectos nun autobús clásico restaurado da empresa Garrido cos que se pretenden
evocar os típicos desprazamentos cara as potentes feiras de Moraña do pasado
século. As viaxes comezarán ás 19.00 horas e partirán da Casa do Concello.

Deja un comentario