+034 986 09 02 04 Venres 30 de Outubro de 2020

O SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE INAUGURA OS VESTIARIOS DO PAVILLÓN MUNICIPAL DO ROSAL RENOVADOS POLA XUNTA DE GALICIA CUN INVESTIMENTO DE PRETO DE 50.000 EUROS


Asegura que estas obras veñen a cumprir “unha das obrigas da Secretaría Xeral para o Deporte que é que os deportistas galegos e galegas poidan realizar deporte nas mellores condicións”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, supervisou esta mañá o remate das obras de renovación dos vestiarios do pavillón municipal do Rosal tras a obra levada a cabo pola Xunta de Galicia a tenor do convenio asinado co Concello de O Rosal. Segundo o texto do acordo, a Xunta de Galicia investiu a cantidade de 46.000 euros mentres que administración local achegou os restantes 3.883,58 euros para un custo total de preto de 50.000 euros.

Grazas a esta reforma no vestiario foi posible a ampliación da zona de vestiarios e duchas, a realización dun aseo adaptado para o público e para o uso propio dos deportistas, así como a actuación no chan de acceso aos vestiarios locais que resultaba esvaradoiro.

O secretario xeral asegurou que estas obras veñen a cumprir “unha das obrigas da Secretaría Xeral para o Deporte que é que os deportistas galegos e galegas poidan realizar deporte nas mellores condicións”. Do mesmo xeito destacou a importancia do acondicionamento do pavillón do Rosal xa que “é aquí onde xoga os seus partidos o Atlético Novás, un grande do noso balonmán que agardamos que pronto poida estar entre os mellores na Liga Asobal”.

A Secretaría Xeral para o Deporte realiza unha aposta decidida neste 2019 polas infraestruturas deportivas. Nos orzamentos iniciais de 2018 destinábanse un total de 2.833.043 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia Para o exercicio 2019, a Secretaría Xeral para o Deporte destina unha contía de 3.934.217 euros -un 40% máis que o destinado inicialmente en 2018-. En total, na provincia de Pontevedra realizáronse obras en 22 concellos que alcanzan os 1,35 millóns de euros e nas que participa a Secretaría Xeral para o Deporte a través dunha achega de ao redor de medio millón de euros.

Deja un comentario