+034 986 09 02 04 Martes 25 de Febreiro de 2020

O GOBERNO PRESENTA UN ORZAMENTO 2020 CON 2,13 MILLÓNS DE EUROS QUE DESTACA A FORTE SUBA, DO 48% EN SERVIZOS SOCIAIS


As contas, que se debatirán no pleno desta noite, manteñen unha das presións fiscais máis baixas da provincia, con 216 euros por habitante

O goberno local de Moraña acaba de presentar o seu proxecto de Orzamentos
Municipais 2020, que será debatido e previsiblemente aprobado no pleno desta noite,
cunha contía de 2.138.188 euros, o que supón un lixeiro aumento do 1,25% con
respecto aos do presente exercicio.
As contas destacan especialmente pola forte suba da partida de Servizos Sociais, que
pasa de 242.832 euros ata 358.201 euros, o que se traduce nun ascenso de case o
48%. “Levamos anos de constantes incrementos na área de Servizos Sociais, pero
nesta ocasión redobramos os esforzos e acadamos unha cifra moi importante que
permitirá que adiquemos un de cada seis euros aos nosos maiores, dependentes,
persoas en risco de exclusión e colectivos máis vulnerables, que xa dixemos que son
unha absoluta prioridade para nós”, detallou a alcaldesa, Luisa Piñeiro, que cifrou o
investimento por habitante nesta área en 85 euros, xa moi preto dos 100 que supón o
nivel de “excelencia social”.
Polo demais, a previsión económica recolle, nos capítulos de ingresos, unha completa
contención tributaria que deixará fixada a presión fiscal en 216,87 euros por veciño
ao ano, o que supón unha das cifras máis baixas de toda a provincia de Pontevedra.
Ademais, as transferencias correntes mantéñense estables malia a forte diminución
da aportación do Estado, que baixará de 701.000 a 635.000 euros e que foi lamentada
polo goberno local. En calquera caso, esta caída compénsase grazas á alza das
transferencias directas da Xunta en 81.000 euros ata alcanzar os 428.000 euros para
o vindeiro ano.
No apartado de gastos, o Concello de Moraña ten fixados 512.000 euros para gastos
de persoal, o que supón apenas o 24% do total, “unha cifra baixa, que demostra o
noso elevado grao de eficiencia, xa que a máxima ratio recomendada para o salario da
plantilla sitúase entre o 30% e o 40%”.
Nota de Prensa
Luisa Piñeiro Arcos | 635 512 197 | alcaldesa@morana.org
Finalmente, o Plan de Investimentos 2020 non aparece detallado no Orzamento, xa
que o goberno local quere agardar a coñecer os proxectos doutras administracións e
a viabilidade certas negociacións que ten en marcha, polo que posiblemente se dea a
coñecer no primeiro bimestre do próximo ano. En calquera caso, a rexedora xa deixou
claro que os investimentos “van ser importantes, superando claramente o millón de
euros”, xa que acometeranse, como principais actuacións, a remodelación integral do
Campo de Fútbol de Mirallos ou a reorganización da casa consistorial coa
humanización da praza anexa.

Deja un comentario