+034 986 09 02 04 Venres 14 de Agosto de 2020

A COMISIÓN DE COORDINACIÓN DOS GES PROPÓN DE MANEIRA UNÁNIME REUBICAR O GES DE VALGA NO CONCELLO DE CALDAS DE REIS


Hoxe reuniuse de maneira urxente a Comisión despois de que a pasada semana, o concello de Valga comunicara a súa renuncia a ser sede do grupo que daba servizo tamén aos municipios de Pontecesures, Catoira, Caldas e Portas
A Comisión de Coordinación dos GES propuxo hoxe de maneira unánime reubicar o Grupo de Emerxencias Supramunicipal que presta servizo a Valga, Pontecesures, Catoira, Caldas e Portas, no concello de Caldas de Reis.

A pasada semana, o concello de Valga anunciou a súa intención de deixar de ser sede do grupo, polo que ante esta situación, e para axilizar ao máximo posible que se determinara unha nova ubicación e que o servizo se siga prestando con normalidade aos cidadáns destes concellos, a Xunta solicitou a convocatoria da comisión, da que forman parte Xunta, Deputacións e Fegamp, para decidir de xeito conxunto e consensuado unha nova sede para o servizo.

Os membros da Comisión, unha vez analizada a reubicación, e co fin de manter o nivel de atención ás emerxencias, segundo o nivel de risco, o histórico de incidencias en cada concello e a isocrona da nova ubicación, consideraron unanimemente que a mellor opción era o concello de Caldas de Reis.
Os GES comezaron a funcionar na nosa comunidade no ano 2013, complementando un novo mapa de emerxencias que cubre todo o territorio galego, e ofrecendo así unha resposta áxil e eficaz a todos os cidadáns galegos ante calquera incidencia. A súa posta en marcha foi consensuada entre Xunta, Deputacións e concellos, e o goberno galego ademais encargase da formación do persoal na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada.

Deja un comentario