+034 986 09 02 04 Martes 21 de Agosto de 2018

O equipo de goberno de Ponte Caldelas realiza o izado oficial da primeira bandeira azul concedida a unha praia fluvial en España


O alcalde manifestou que é un logro histórico colectivo de tódolos veciños e veciñas de Ponte Caldelas e amosou o seu firme compromiso para preservala e defendela fronte a calquera agresión medioambiental “veña de onde veña”

O equipo de goberno de Ponte Caldelas, encabezado polo seu alcalde Andrés Díaz Sobral, procederon ao izado oficial da primeira bandeira azul concedia a unha praia fluvial en España polo organismo europeo ADEAC e que ondeará na Calzada como recoñecemento colectivo ao coidado medioambiental, calidade e pureza das súas augas.

A preguntas dos xornalistas, o alcalde Andrés Díaz manifestou que “o izado oficial desta bandeira azul é un fito histórico e un logro colectivo de tódolos veciños e veciñas de Ponte Caldelas que ven a refrendar a alta concienciación cidadá existente no noso pobo na defensa dos valores medioambientais que representa o río Verdugo. Tamén quero agradecer o traballo dos funcionarios e dos responsables políticos da tramitación do expediente que fixeron posible a súa consecución”.

O alcalde sinalou tamén o seu firme compromiso coa sostenibilidade deste galardón ao longo da súa lexislatura e indicou que “co izado desta bandeira azul tamén simbolizamos o noso compromiso por preservala como sinal inequívoco de respecto polo medio ambiente. Temos a firme decisión de defender a praia fluvial e o río Verdugo contra calquera agresión veña de onde veña”.

Díaz Sobral lembrou que Sanidade fará unha análise aleatorio e por sorpresa das augas do río Verdugo para verificar en todo momento a súa excelencia e idoneidade para o baño polo que “estaremos moi atentos e vixiantes para que non suceda nada fora do normal que poida poñer en risco a seguridade de nenos, bañistas e persoas que utilicen a zona de baño da Calzada. Haberá tolerancia cero con calquera mínima agresión que poida sufrir a nosa praia e o noso río”, concluíu taxantemente o alcalde de Ponte Caldelas.

Finalmente, os membros do equipo de goberno departiron cos tres socorristas que comezan hoxe os seus labores na praia fluvial organizando un modelo de traballo e horario a través do cal se garantirá a presenza continua de, alomenos dous vixiantes ao mesmo tempo na zona de baño.

LIMPEZA CONTINUA NOS ASEOS E AUMENTO DA SEGURIDADE

Tamén se inspeccionaron os últimos retoques na caseta de socorro habilitada xunto ao chiringuito, os xogos de praia, os baños, así como as medidas de seguridade e de advertencia aos bañistas sobre as normas que deben seguir para evitar calquera incidente. Ademais se revisou a instalación de medidores de profundidade en varios lugares da praia para que sirvan de referencia aos bañista á hora de introducirse na auga.

A aposta pola hixiene na praia de A Calzada terá un tratamento especial no referente aos aseos postos á disposición do público en xeral e ubicados xunto ao bar-chiringuito da praia. O equipo de goberno habilitou un cuadrante de control para que os aseos sexan limpados de luns a venres, alomenos, dúas veces polas tardes e nas fins de semana, alomenos, 3 veces pola tarde coa intención de extender tamén aos aseos a boa imaxe e servizo que debe presidir o disfrute da praia fluvial da Calzada por parte dos usuarios e visitantes.

Recórdese que a praia fluvial de A Calzada, en Ponte Caldelas, alcanzou a primeira zona balnearia Bandeira Azul do seu tipo en España, de acordo coa decisión feita pública o 14 de maio de 2015 polo xurado internacional concedeu estes premios para a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC).

Esta decisión está avalada por toda unha traxectoria marcada polos excelentes resultados dos análisesque periodicamente se establecen nas súas augas e polos servizos e infraestruturas dispoñibles para a área de lecer de A Calzada.

A praia fluvial da Calzada é a primeira en España en ter este distintivo o que corrobora que Ponte Caldelas goza dunha calidade excelente en termos de medioambiental, sanitario, turismo e recreativo.

A praia fluvial de A Calzada, en Ponte Caldelas, dispón de maneira ininterrumpida e desde o ano 2001 o cualificativo de “excelente”, segundo os resultados da análise practicada polo Programa de Vixilancia en Saúde que realiza en Galicia a Consellería de Sanidade nas áras habilitadas para o disfrute das zonas de baño. Este é outro requisito ineludible para obter a distinción.

El área recreativa da Calzada dispón tamén cancha de volei-praia, tenis de mesa, así como unha amplia variedade de aparatos no parque biosaludable para realizar exercizo rehabilitador, musculación, ximnasia de mantemento, etc.

Además dos enclaves paisaxísticos que ofrece o propio río Verdugo, Ponte Caldelas completa a súa oferta cunha infraestrutura e calidade de servizos que cumpre sobradamente a estricta normativa europea para a concesión da bandeira azul que agora ondea xa de xeito oficial na praia da Calzada.

Deja un comentario