+034 986 09 02 04 Martes 25 de Febreiro de 2020

AS BANDAS DE MÚSICA DE CERDEDO E TENORIO OFRECEN SENLLOS CONCERTOS DE NADAL NESTA FIN DE SEMANA


A formación cerdedense actuará mañá, sábado 28, a partires das 18.30 horas no Centro Cultural de Cerdedo con entrada de balde
A programación de Nadal do Concello de Cerdedo-Cotobade para
esta derradeira fin de semana do ano estará protagonizada principalmente pola música, xa que
as bandas de Cerdedo e Tenorio ofrecerán os seus tradicionais concertos destas datas en dúas
xornadas consecutivas.
Así, a Banda de Música de Cerdedo actuará mañá, sábado 28, a partires das 18.30 horas no
Centro Cultural de Cerdedo con entrada de balde ata completar o aforo.
Pola súa banda, a Unión Musical de Tenorio realizará o seu espectáculo o domingo 29 dende as
17.00 horas no seu local social tamén con acceso gratuíto para os asistentes.
Estas actuacións, que encabezan a programación de Nadal desta fin de semana xunto á segunda
edición do Torneo Cup de Fútbol Base, son os espectáculos máis agardados polos veciños e
contan coa asistencia máis multitudinaria xunto coa tradicional Cabalgata de Reis.

Deja un comentario