+034 986 09 02 04 Martes 20 de Outubro de 2020

O Goberno galego aproba o calendario laboral do vindeiro ano 2016, que incluirá como festivos autonómicos o 17 de maio e o 24 de xuño


Apunta que o vindeiro ano haberá dous festivos que coinciden en domingo, o 1 de maio e o 25 de decembro, polo que a Xunta propón como festivos autonómicos o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas; o venres 24 de xuño, festividade de San Xoán, ademais do luns 25 de xullo, Día de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou a aprobación por parte do Consello da Xunta do calendario laboral para o vindeiro ano 2016. A proposta, dixo, é acorde aos obxectivos marcados con carácter económico, de tal xeito que a fixación dos festivos autonómicos afecte o mínimo posible á produtividade; pero tamén, é respectuosa coa natureza dos principais días festivos da Comunidade Autónoma.

Segundo concretou, o vindeiro ano haberá dous festivos que coinciden en domingo, o 1 de maio e o 25 de decembro, polo que a Xunta propón como festivos autonómicos o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas; o venres 24 de xuño, festividade de San Xoán, ademais do luns 25 de xullo, Día de Galicia.

En total, precisou, son doce días que inclúen a axenda de festivos estatais e autonómicos de 2016, aos que se sumarán dous festivos locais que deciden os concellos.

Deja un comentario