+034 986 09 02 04 Venres 28 de Febreiro de 2020

SERVIZOS SOCIAIS ABRE A INSCRIPCIÓN DO PROGRAMA DE TERMALISMO 2020 ENTRE OS 1978 MAIORES DO MUNICIPIO


A actividade oriéntase a pensionistas por xubilación, viuvedade ou discapacidade e desempregados de máis de 60 anos
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de CerdedoCotobade ten aberta a fase de inscrición e de demanda de información do Programa de
Termalismo 2020 do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso), que se orienta aos 1.978
maiores rexistrados no municipio.
As personas interesadas en participar na primeira quenda deben anotarse ata o vindeiro venres
10 de xaneiro e poderán gozar das estancias deste programa entre os meses de febreiro e agosto,
mentres que a segunda quenda ten aberto o prazo de solicitude ata o 15 de maio, xa que está
orientada ao período entre os meses de setembro e decembro.
Como requisitos para participar no programa, esíxese estar empadroado en España e ser
pensionista de xubilación ou incapacidade permanente, ser pensionista de viuvedade con 55 ou
máis anos ou por outros conceptos, ser perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego
con 60 ou máis anos ou ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social con 65
ou máis anos de idade.
Ademais, as persoas interesadas non deberán padecer alteracións de comportamento nin
enfermidades contaxiosas, deberán valerse por si mesmos para a vida diaria, teñen que carecer
de contraindicacións médicas para a recepción de tratamentos termais e poderán acudir cos
seus cónxuxes ou cos seus fillos se contan cunha discapacidade igual ou superior ao 45%.

Deja un comentario