+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O GOBERNO DE CARMELA SILVA ESTENDE A OUTROS  24 CONCELLOS DA PROVINCIA A APLICACIÓN PARA A XESTIÓN ELECTRÓNICA DAS SANCIÓNS DE TRÁFICO


 

Esta pioneira iniciativa, que xa se desenvolve en Caldas e O Porriño, facilita o traballo da policía local e permite reducir o tempo de tramitación das multas

A posta en funcionamento da aplicación electrónica destinada á axilización da tramitación de denuncias por infraccións de tráfico chegará a máis concellos da provincia, amais de Caldas de Reis e O Porriño onde xa se está a desenvolver. A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar o expediente de contratación para a implementación e posta en funcionamento da mesma en 24 novos concellos. A finalidade desta aplicación é facilitar o uso dos teléfonos intelixentes como instrumentos de captura de denuncias de tráfico naqueles concellos nos que o Servizo ORAL xestiona a tramitación destas notificacións. Este contrato administrativo de servizos conta cun orzamento de 98.554,50 euros, IVE engadido, dos que se beneficiarán doce concellos con ordenanza e árbore específico de sancións en outros doce sen ela. Ademais, neste orzamento tamén se inclúe unha xornada de formación para os axentes destes concellos, que terá lugar a comezos do 2020.

A iniciativa da institución provincial chegará deste xeito a Baiona, Cambados, A Cañiza, Cangas, Cuntis, A Estrada, Gondomar, O Grove, Lalín, Meaño, Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Ponte Caldelas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa. Estes concellos súmanse aos de Caldas de Reis e O Porriño, nos que este novo sistema xa está a funcionar dende hai uns meses. Polo tanto, serán un total de 26 concellos os que dispoñan desta aplicación.

A Deputación de Pontevedra ten encomendadas as facultades de xestión e recadación das multas de tráfico así como a encomenda de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico por parte dos concellos da provincia. A través desta iniciativa a institución provincial continúa esforzándose por dotar de novos medios tecnolóxicos e servizos do século XXI aos municipios máis pequenos.

Deja un comentario