+034 986 09 02 04 Martes 25 de Febreiro de 2020

ULTIMANDO DETALLES PARA RECIBIR AS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE


 Na Cabalgata de Reis do domingo, 5 de xaneiro, participarán 30 carrozas, agrupacións e grupos de animación a partir das 18.00 horas dende José Malvar até Alameda
A Concellaría de Festas ultima nestes días todos os detalles para recibir ás súas
Maxestades de Oriente, os Reis Magos, o vindeiro domingo, 5 de xaneiro. As
carrozas nas que se subirán os Reis Magos xa están moi avanzadas e a comitiva
que acompañará ás súas maxestades, pechada.
Comitiva:
1. Charanga Airiños de San
Martiño
2. Escaleira de Bombeiros
3. Grupo Cabalería
4. Carroza Veneciana
5. Soldadiños de Chumbo e
bailarinas
6. As de Anxos
7. Dúos Pontes
8. Carroza Baco
9. A Galiña dos ovos de ouro
10.Brinde de alegría
11. Funky partu
12.Carroza de Medusa
13.O bosque animado
14.Grupo folclórico Boa Vila
15.Grupo de pastores
16.Camelos
17.Carboneiros
18.Carroza do Rei Melchor
19.Circuos
20.Apalpador e apalpadorciños
21.Mascotas
22.Vaca
23.Os ratos chocolateiros
24.Carroza do Rei Gaspar
25.Raiña de Nadal e Frostys
Gabinete de Comunicación. Alcaldia
comunicacion2@pontevedra.gal
www.pontevedra.gal
26.Os Afoutes do canón de Pau
27.A luz do Nadal
28.Olaf, Boneco de neve
29.Carroza de Baltasar
30.Transformers.
Cabe lembrar que as súas maxestades de Oriente chegarán a Pontevedra ás 10.45
horas do domingo, 5 de xaneiro para ter a tradicional recepción oficial no Pazo de
Mugartegui, onde serán recibidos polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. Até alí
irán en comitiva polas rúas Michelena, Peregrina, paseo Antonio Odriozola,
Pasantería, Sarmiento, César Boente, praza da Pedreira e Mugartegui.
A recepción oficial comezará ás 11.00 horas e prolongarase até ás 15.00 horas.
A saída da Cabalgata será ás 18.00 horas polas rúas José Malvar, Loureiro Crespo,
Benito Corbal, praza da Peregrina, Michelena, praza de España e Alameda.
As súas maxestades repartirán 1.500 kg de caramelos aptos para celíacos.

Deja un comentario