+034 986 09 02 04 Sábado 29 de Febreiro de 2020

MÚSICA DE PANXOLIÑAS, CARAMELOS SEN GLUTEN E AS RONDALLAS DE ATIOS E PONTELLAS NA CABALGATA DE REIS DO PORRIÑO


Panxoliñas e as rondallas de Pontellas e Atios que se situarán ó principio e ó final da comitiva, animarán musicalmente a Cabalgata de Reis do Porriño que se celebrará o vindeiro domingo 5 de xaneiro, a partires das 18 horas.
As tres carrozas principais cos Reis Magos e as tres auxialiares partirán desde o Polideportivo Municipal e realizarán o percorrido habitual ata rematar na ráus peonis. A recepción dos Reis Magos e o seu séquito ós nenos e nenas do Porriño terá lugar na praza do Concello. No caso de choiva pasaríase á carpa Roxy.
Haberá caramelos brandos e sen gluten. A Concellería de Cultura ven de contratar o aprovisionamento de 1.500 kilos para esta Cabalgata e outros eventos ó longo do ano.
Para quen non poida seguir de xeito presencial a Cabalgata, a Concellería de Cultura contratou a retransmisión por «streaming» do mesmo xeito que se fixo ó día 1 co Concurso de Rondallas.
A Concellería de Cultura e a Policía Local revisaron o plan de seguridade para este evento que contempla a realización de diversos cortes de tráfico, sinalización dos mesmos e habilitación de rutas alternativas.

RECOMENDACIÓNS DE SEGURIDADE
Asimesmo acordouse difundir na páxina web e redes sociais do Concello e a través dos medios informativos, unha serie de recomendacións de seguridade apelando ó sentidiño de pais, nais e demaís persoas que esteán ó cargo dos nenos.
A Concellería de Cultura do Porriño indicou as seguintes:
1)Non utilizar o paraugas para recoller os caramelos. O seu mal uso pode ser perigoso.
2)Non baixen das beirarrúas nin salten os valados de seguridade. Manterse a unha distancia prudencial das carrozas é sempre unha boa opción.
3)Lembren que unha carroza parada pode poñerse en marcha en calquera momento. Así que é mellor non deixar que os nenos se acheguen a elas por moito que queiran tocar ós Reis Magos.
4)É importante colocar ás crianzas en lugares seguros e a unha distancia prudente das carrozas.
5)Non distraer aos condcutores que levan os vehículos da Cabalgata
6)Non perder de vista aos máis pequenos. Pode soar obvio pero telos localizados en todo momento evitará algún que outro susto.
7)É recomendable que as crizanas leven anotado nunha pulseira ou tarxeta o seu nome e un teléfono de contacto por sí se perden
e 8)Explicar aos nenos e nenas que deben facer no case de perderse: dirixirse a un axente da Policía Local ou a un voluntario de Protección Civil.

Deja un comentario