+034 986 09 02 04 Venres 28 de Febreiro de 2020

O CONCELLO DESPIDE O NADAL COS CANTARES DE REIS, A CABALGATA POLAS PARROQUIAS DE COTOBADE E A RECEPCIÓN REAL EN CERDEDO


O pasarrúas das Súas Maxestades arrancará o domingo ás 10.15 en Santa María de Sacos e rematará ás 13.45 horas en Aguasantas
O Concello de Cerdedo-Cotobade xa ten todo listo para a derradeira
fin de semana das Festas de Nadal, que incluirá os tradicionais Cantares de Reis, a Cabalgata
por todas parroquias cotobadesas o domingo en quenda de mañá e a recepción real con festa no
pavillón, xa pola tarde, en Cerdedo.
As actividades arrancarán mañá, sábado 4, ás 19.00 horas no pavillón do colexio público de
Carballedo cunha nova edición do Certame de Reis, que comezará coa entrega dos premios aos
gañadores do Concurso Escolar de Postais de Nadal. Posteriormente, distintas agrupacións
musicais e culturais e formacións parroquiais interpretarán as tradicionais panxoliñas e
rematarase coa degustación de chocolate con rosca.
Xa o domingo, día 5, terá lugar a Cabalgata de Reis co mesmo formato que en anos anteriores.
Así, iniciarase co pasarrúas das Súas Maxestades en quenda de mañá polas parroquias de
Cotobade co seguinte horario estimado: Casa do Pobo de Santa María de Sacos (10.15 horas),
Casa do Pobo de San Xurxo de Sacos (10.30), Mercado de Cuspedriños (10.45) Casa do Pobo de
Viascón (11.00), Casa do Pobo de Tenorio (11.15), Casa do Pobo de Vilanova (11.20), Casa do
Pobo de Almofrei (11.30), Casa do Pobo de Borela (11.45), Casa Escola de Rebordelo (12.00),
salón multiusos de Carballedo (12.15), Casa do Pobo de Corredoira (12.45), Casa Escola de
Nenas de Caroi (13.00), Casa do Pobo de Loureiro (13.15), Casa do Pobo de Valongo (13.30) e
Casa do Pobo de Aguasantas (13.45).
Xa pola tarde, as actividades dos Reis Magos trasladaranse a Cerdedo e comezarán ás 17.00
horas coa recepción na Praza do Concello e a tradicional ofrenda ao Neno Xesús.
Posteriormente, a comitiva desprazarase nun vistoso pasarrúas ata o CEIP San Xoán Bautista,
onde as Súas Maxestades atenderán as peticións de todos os cativos e entregaranlles un agasallo.
Por último, haberá unha festa neste mesmo recinto con xogos, espectáculo de animación
musical e chocolate con rosca.

Deja un comentario