+034 986 09 02 04 Martes 25 de Febreiro de 2020

BALANZO DO PRIMEIRO SEMESTRE DO MANDATO: CELEBRARONSE 11 PLENOS


EVA GARCIA PONDERA COMA MAIOR LOGRO O ACORDO POLÍTICO ACADADO PARA DESBLOQUEAR A XESTIÓN FINANCIEIRA DO CONCELLO E PAGAR PROVEEDORES POR IMPORTE DE 3 MILLONS DE EUROS
O goberno municipal de O Porriño que preside Eva García de la Torre acadou desbloquear a xestión financiera do Concello e pagar proveedores entre os que hai numerosas pymes e autónomos que tiñan facturas pendentes así como a diversas empresas e suministros que tiñan sentenzas xudiciais por un importe de 3 millóns de euros, pagados no mes de decembro.
“Un bloqueo que non viña dado por unha insolvencia económica ou falta de líquidez do Concello senón que era consecuencia dunha obstrucción política a cargo do Partido Popular” segundo explicou Eva García.
A alcaldesa ponderou que ese desbloqueo “foi posible grazas o acordo entre as mesmas forzas políticas que apoiraron a miña investidura (PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera) que fomos quen de derrotar ó PP que incluso pretendía colapsar o Concello cunha revisión xeral de oficio de toda a facturación que se ten amosada completamente innecesaria” dixou Eva García.
Eva García agradeceu “de xeito moi especial” o esforzo e compromiso dos funcionarios municipais que traballaron de xeito denodado neste último treito do ano, incluso o 31 de decembro para pagar o máximo de facturas que tiñan crédito e polo tanto podían aboarse”.
ONCE PLENOS E PRINCIPAIS XESTIÓNS
Durante este primeiro semestre do mandato, a corporación porriñesa celebrou 11 plenos dos que “tres foron extraordinarios requeridos polo PP e o resto, a iniciativa deste goberno municipal o que desminte calquera pretendida inacción do Concello”, engadiu a rexidora.
Entre os logros deste goberno municipal no primeiro semestre do mandato “é precisamente a aprobación definitiva da RPT (Relación de Postos de Traballo) do Concello que vai supoñer unha mellora da organización da plantilla e unha notable dignificación das condicións salariais dos traballadores deste concello”, indicou Eva García.
Ademaís durante estes seis meses, o goberno municipal porriñés prolongou as xestións co ADIF para a supresión do paso a nivel ferroviario, proxecto en licitación en decembro; intensificou coa Xunta de Galicia as xestións para a ampliación do Centro de Saúde e para a reforma da travesía de A Vaquería, proxectos que agora dependen da administración autonómica para a súa execución; e coa Zona Franca acadou acordos para retomar a construcción dunha gardería no polígono da Granxa e agarda o avance e execución do proxecto da Cidade do Transporte.
Asimesmo o goberno municipal, a través das xestións da Concellería de Infraestructuras acadou un principio de acordo con ACEESCA para a cesión dun solar municipal onde construir o centro de formación dual, que en breve se plasmará.
Entre outras realizacións deste primeiro intre do mandato, a Concellería de Seguridade destacou a dotación de desfibriladores e demáis equipos “DESA” nos vehículos da Policía Local; a realización do curso de conducción segura que recibiron 200 porriñeses e porriñesas e os cursos de primeiros auxilios impartidos nas asociación de veciños do concello. Asimesmo resolveuse o problema de seguridade nas canteiras fora de producción que acadou o seu punto álxido en verán.
Por último nestes primeiros seis meses constituironse co consenso de toda a corporación as Comisións para a Descontaminación por Lindano e para o Deslinde con Mos que deberán dar os seus primeros pasos no 2020.

Deja un comentario