+034 986 09 02 04 Martes 25 de Febreiro de 2020

ARBO, CELEBRA A CABALGATA DE REIS CON SORPRESAS


As seis da tarde arranca os Reis Magos dende o Pavillón de Deportes de Arbo

Un ano máis o Concello de Arbo organiza a tradicional cabalgata de Reis que arranca dende o Pavillón Municipal de Deportes de Arbo, acompañada dos nenos e nenas do Campamento de Arbo, así como de outros nenos e nenas arbenses e voluntarios e voluntarias que queren formar parte deste evento para que os máis cativos e o non tan cativos poidan desfrutar deste día.

Como novidade este ano, persoaxes disney estarán na Praza do Concello e percorreran as rúas arbenses apartires das cinco da tarde.

O alcalde do Concello de Arbo, afirma que se espera gran afluencia de xente, tendo en conta que a pesar do frío o sol acompañara o día e a visita como todolos anos dos veciños e veciñas do pais veciño Portugal. O rexedor quere dar as gracias aos voluntarios e voluntarias que de maneira desinteresada participan na organización da Cabalgata e no montaxe das carrozas. Horacio Gil, remata informando que se prevé repartir 400 agasallos

SEGURIDADE DURANTE O DESFILE

A partires das 4 da tarde queda prohibido estacionar e circular pola Praza Consistorio e as rúas centricas para maior seguridade do publico asistente e dos participantes.

O Concello de Arbo, solicita a colaboración de todos para que o evento transcorra sen ningunha complicación, e pide que mentres estea pasando as carrozas se manteñan no seu lugar, non incorporándose a comitiva nin seguir as carrozas polo lados.

Deja un comentario