+034 986 09 02 04 Sábado 29 de Febreiro de 2020

OS REIS MEIGOS COMPARTIRÁN COS CATIVOS DA LAMA UN ALMORZO A BASE DE CHOCOLATE CON ROSCA


Os Paxes Reais recolleron a domicilio as cartas e peticións feitas polos nenos e nenas do municipio e entregadas nos centros socioculturais

Os Reis Meigos chegarán moi cedo á Lama e compartirán cos cativos do municipio unha gran chocolatada con rosca que se servirá a partir das 11:30 horas da mañá no edificio de Usos Múltiples onde terá lugar a recepción oficial ás Súas Maxestades de Oriente.

Durante as xornadas dos días 2 e 3 de xaneiro os Paxes Reais percorreron tódolos lugares e parroquias do municipio visitando os respectivos centros socioculuturais para ler un edicto sobre a chegada das Súas Maxestades e recoller as cartas que previamente o Concello da Lama foi repartindo no colexio e durante as distintas actividades de Nadal para que ningunha persoa se quedara sin enviar unha misiva aos Reis Meigos.

Despois de almorzar cos Reis Meigos, os asistentes terán a ocasión de entregarlle as derradeiras cartas en man ás Súas Maxestades e comentar con elas todo o acontecido durante o pasado ano para xustificar un bo comportamento que lles permita contar coa complicidade dos viaxeiros de Oriente e se cumpran os seus desexos.

Tanto os Paxes Reais como os Reis Meigos chegarán á Lama a bordo dos seus respectivos míticos Seat Seiscentos envoltos nunha maxia especial para asistir con puntualidade á recepción oficial para, posteriormente, proseguir a súa xira por todas partes.

Deja un comentario