+034 986 09 02 04 Venres 28 de Febreiro de 2020

O CONCELLO REMATA O PROGRAMA LABORAL 2019 CON OBRAS EN MUROS, PISTAS, URBANIZACIÓNS, SENDEIROS E ZONAS VERDES


A brigada estivo conformada por un encofrador, un canteiro e cinco podadores durante cinco meses cun orzamento de 51.000 euros

O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de poñer o punto final ao programa laboral 2019 co remate das tarefas por parte do derradeiro equipo de traballadores de contratación temporal, que acometeu diversas obras de interese xeral en muros, peches, pistas, urbanizacións, sendeiros e zonas verdes. Esta brigada estivo conformada por sete operarios e foi financiada pola Deputación de Pontevedra ao abeiro da liña tres do Plan Concellos 2019 cun orzamento de 51.000 euros.

O equipo dispuxo dun encofrador, un canteiro e cinco operarios de poda, roza e traballos forestais que traballaron durante os derradeiros cinco meses, baixo a coordinación do encargado municipal, para acometer diversas obras nas áreas de Infraestruturas, Forestal e Medio Ambiente. As actuacións realizadas consistiron en tarefas básicas de reparacións urxentes, pavimentacións en formigón, muros de pechamento, melloras de empedrados en urbanizacións, labores de limpeza e desbroce en roteiros de sendeirismo e acondicionamento de zonas verdes e naturais.

Este grupo de traballadores estivo conformado por 7 persoas desempregadas, que foron seleccionadas cumprindo as bases do citado plan provincial, e desenvolveron a súa labor durante os últimos cinco meses –dende o pasado mes de xullo– a xornada completa co dobre obxectivo de mellorar o servizos públicos, especialmente os de carácter turístico, e tamén as súas condicións de empregabilidade para reintegrarse no mercado laboral.

A labor desta brigada, coa que se rematou o programa laboral do pasado exercicio, complementouse coa realizada anteriormente, e tamén no mesmo ano 2019, por outros 14 operarios tamén contratados ao abeiro do Plan Concellos 2019 e que permitíu acometer unha trintena de actuacións por todo o temor municipal servindo de apoio á Brigada Municipal de Obras.

Deja un comentario