+034 986 09 02 04 Domingo 12 de Xullo de 2020

PRIMEIRAS CITAS PARA A RENOVACIÓN DO DNI NA GUARDA NO 2020


Mañá xoves día 9 de xaneiro de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a primeira visita das unidades móbiles no concello este ano para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondentes ao primeiro trimestre de 2020.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas nos meses xaneiro, febreiro e marzo, ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o xoves día 9 de xaneiro de xeito presencial de 8:00h a 14:00h no 1º andar(Rexistro) da Casa dos Alonso e a partires do venres día 10 de xaneiro de xeito telefónico no 986 61 0000 nas extensións 1 e 2.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Deja un comentario