+034 986 09 02 04 Domingo 12 de Xullo de 2020

ROSARIO ÁLVAREZ, PORTELA LEIRÓS, AMIGOS DE GALIZA E ESDEMGA, CANDIDATOS AOS CIDADE DE PONTEVEDRA


O xurado cualificador reunirase o vindeiro, luns, 13 de xaneiro ás 13.00 horas na sede administrativa do Concello.
O Concello de Pontevedra pechou onte pola noite o prazo de presentación de candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra. Os candidatos e candidatas desta edición son: Persoa física • Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, presentado pola Asociación Cultural Maio Longo. • José Portela Leirós, ex decano do Colexio de Procuradores de Pontevedra, presentado polo Colexio de Procuradores de Pontevedra. Persoa xurídica • Fundación Amigos de Galiza, proposta pola Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galiza. • Esdemga, presentado polo Ateneo de Pontevedra. A reunión do xurado calificador dos premios Cidade de Pontevedra será o vindeiro luns, 13 de xaneiro, ás 13.00 horas na sala de Xuntas do Concello de Pontevedra. Os galardóns serán entregados nun pleno extraordinario de honra que se desenvolverá o 20 de xaneiro, día de San Sebastián patrón da Boa Vila

Deja un comentario