+034 986 09 02 04 Martes 19 de Xaneiro de 2021

XUNTA E A AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN E RÍA DE PONTEVEDRA ANALIZAN AS POSIBILIDADES COMO DOTACIÓNS CULTURAIS E TURÍSTICAS DOS FAROS


 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse hoxe co director da Autoridade Portuaria, Miguel Ángel Navarro, para dar continuidade ás reunións mantidas nos últimos meses con Puertos del Estado nesta liña

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse hoxe co director da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra
para analizar as diferentes posibilidades que teñen os faros da súa área de influencia para
acoller dotacións culturais e turísticas. A Xunta dá así continuidade ás reunións mantidas
nos últimos meses con Puertos del Estado para avanzar na posta en marcha dunha
estratexia que permita poñer en valor os faros galegos que actualmente non contan cun uso
habitacional, mantendo sempre o seu uso principal como axuda á navegación.
No encontro abordouse a importancia de analizar os futuros usos dun xeito planificado e
coordinado sobre cada un dos equipamentos avaliándoos en función das súas
características máis singulares. Tamén se afondou na importancia desta iniciativa para
reforzar o turismo mariñeiro xerando produtos especializados recuperando un valioso
patrimonio inmaterial e impulsando o desenvolvemento económico dos concellos da
contorna dos faros.
Coa reunión de hoxe en Marín, a Xunta continúa coa rolda de contactos coas distintas
autoridades portuarias galegas, tras manter outra coa Autoridade Portuaria da Coruña, coa
de Vigo e coa de Vilagarcía de Arousa como así se comprometeu na última reunión mantida
o ano pasado con Puertos del Estado para avanzar nesta estratexia común.
Esta folla de ruta, que se formula a longo prazo e que está chamada a ter un papel
importante despois do Xacobeo 2021, permitirá xerar diferentes produtos turísticos e
culturais especializados en diferentes emprazamentos costeiros, favorecendo un turismo de
alta calidade. Ademais, aportará unha visión integral que terá en conta proxectos xa
existentes como a Ruta dos Faros ou a Senda dos Faros e permitirá deseñar un itinerario de
interese paisaxístico para fomentar o descubrimento do litoral pontevedrés.
Avanzando desde outubro
A Xunta de Galicia e Puertos del Estado levan traballando nesta liña desde outubro de 2019
cando inicialmente acordaron en Madrid desenvolver xunto coas autoridades portuarias
galegas unha estratexia que permita planificar dotacións culturais e turísticas nos faros que
non contan cun uso habitacional, facéndoas compatibles co seu uso principal como sinal
marítima.

Consellería de Cultura e Turismo
San Caetano, s/n – 15781 Santiago de Compostela
981 545 820 / 981 544 490
Enderezo-e: prensa.cultura.turismo@xunta.gal
En novembro Santiago de Compostela acolleu un encontro de traballo entre o Goberno
galego, Puertos del Estado e representantes das Autoridades Portuarias galegas para
avanzar nesta proposta onde se avanzaron medidas para facilitar a posta a disposición á
sociedade destes equipamentos de interese patrimonial e paisaxístico dun xeito planificado,
facilitando a xestión dos trámites administrativos en espazos tan sensibles como os faros.
Neste sentido, explorouse a posibilidade de implantar sistemas que faciliten as xestións para
os inversores ou promotores interesados.

Deja un comentario