
Realizarase os días 15 e 16 de febreiro
O Concello de Mos organiza unha viaxe a Aveiro para maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55 que se realizará os días 15 e 16 do vindeiro mes de febreiro.
O prezo por persoa da viaxe é de 125 euros incluíndo traslados, comidas, aloxamento dunha noite en habitación dobre no hotel Jardím, de tres estrelas, e visitas a: Guimaraes con entrada ao Castelo, visita guiada en Aveiro e ao Museo Aliança Underground.
O prazo de inscrición nesta excursión atópase xa aberto e rematará o vindeiro xoves, 16 de xaneiro. A inscrición pode formalizarse tanto no Rexistro do Concello de Mos como nas oficinas da OMIX, no edificio Multiusos das Pozas.
Os/as interesados/as en obter máis información sobre esta viaxe poden chamar por teléfono ao número 986 33 94 04.
Deja un comentario
Disculpa, debes iniciar sesión para escribir un comentario.